BENVIDAS/OS AO NOSO BLOGUE!!!

Benvidos e benvidas a todos e a todas. Agora estades no voso blogue, e digo "o voso" porque está feito para todos vós e en parte por vós, xa que podedes publicar os vosos comentarios e suxestións. Aquí atoparedes actividades para divertirvos, para reforzar e ampliar o aprendido en clase e información e fotografías cós acontecementos que ocorren no noso COLE. Así que agarra ben o rato e .... A NAVEGAAAR!!!


O noso centro forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares ( Plambe )

O noso centro forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares ( Plambe )

21 may 2020

O noso confinamento


Vos mostramos uns pequenos vídeos do confinamento dos nosos alumnos de 3º e 5º de Educación Primaria nestos momentos tan complicados.
Un vídeo é dos nosos alumn@s cós traballos feitos e outro é só dos traballos dos alumn@s que publicou o CFR deFerrol e que lles encantou moito.







16 may 2020

LETRAS GALEGAS 2020

     Felicitación ás familias polo día das Letras Galegas.


Podedes traballar neste día das Letras Galegas con esta guía didáctica.


12 may 2020

Montaxe fotográfica dos "vosos" maios

Aquí tedes unha montaxe fotográfica feita cós "vosos" maios.
Sodes uns auténticos artistas!!!


Grazas a profe Tere pola montaxe!!!

26 abr 2020

DÍA DO LIBRO 2020

 

Este pequeno vídeo é unha "homenaxe" aos nosos alumn@s que o pasado xoves día 23 de abril celebraron "telemáticamente" o día do libro e tamén queremos agradecerlles ás familias o esforzo por celebrar e participar todos xuntos nas actividades programadas, dadas as circunstancias nas que estamos.
Como ben sabedes fixemos distintas actividades como lecturas en familia, recomendacións para algún compañeir@ dalgún libro que vos gustou moito, marcapáxinas e fotografías de vós lendo os libros que vos gustan...
A verdade e que foi todo un éxito e sodes uns aunténticos campeóns!!! Moitas grazas a tod@s!!!
Ademáis deste vídeo podedes ver algunha fotografía dese día que temos no álbum de fotos do colexio pinchando neste enlace: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipalmirantelangara/galeria/thumbnails.php?album=178&page=1
Ou tamén podedes ver as montaxes tan "chulis" que fixo a profe Tere no blogue de infantil pinchando nestes dous enlaces: https://xogandocoaprofetere.blogspot.com/2020/04/a-tope-co-dia-do-libro.html?m=0
https://xogandocoaprofetere.blogspot.com/2020/04/a-tope-co-dia-do-libro-parte-2.html?m=0
Moitísimas grazas profe Tere!!!