BENVIDAS/OS AO NOSO BLOGUE!!!

Benvidos e benvidas a todos e a todas. Agora estades no voso blogue, e digo "o voso" porque está feito para todos vós e en parte por vós, xa que podedes publicar os vosos comentarios e suxestións. Aquí atoparedes actividades para divertirvos, para reforzar e ampliar o aprendido en clase e información e fotografías cós acontecementos que ocorren no noso COLE. Así que agarra ben o rato e .... A NAVEGAAAR!!!


O noso centro forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares ( Plambe )

O noso centro forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares ( Plambe )

26 abr 2020

DÍA DO LIBRO 2020

 

Este pequeno vídeo é unha "homenaxe" aos nosos alumn@s que o pasado xoves día 23 de abril celebraron "telemáticamente" o día do libro e tamén queremos agradecerlles ás familias o esforzo por celebrar e participar todos xuntos nas actividades programadas, dadas as circunstancias nas que estamos.
Como ben sabedes fixemos distintas actividades como lecturas en familia, recomendacións para algún compañeir@ dalgún libro que vos gustou moito, marcapáxinas e fotografías de vós lendo os libros que vos gustan...
A verdade e que foi todo un éxito e sodes uns aunténticos campeóns!!! Moitas grazas a tod@s!!!
Ademáis deste vídeo podedes ver algunha fotografía dese día que temos no álbum de fotos do colexio pinchando neste enlace: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipalmirantelangara/galeria/thumbnails.php?album=178&page=1
Ou tamén podedes ver as montaxes tan "chulis" que fixo a profe Tere no blogue de infantil pinchando nestes dous enlaces: https://xogandocoaprofetere.blogspot.com/2020/04/a-tope-co-dia-do-libro.html?m=0
https://xogandocoaprofetere.blogspot.com/2020/04/a-tope-co-dia-do-libro-parte-2.html?m=0
Moitísimas grazas profe Tere!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario