BENVIDAS/OS AO NOSO BLOGUE!!!

Benvidos e benvidas a todos e a todas. Agora estades no voso blogue, e digo "o voso" porque está feito para todos vós e en parte por vós, xa que podedes publicar os vosos comentarios e suxestións. Aquí atoparedes actividades para divertirvos, para reforzar e ampliar o aprendido en clase e información e fotografías cós acontecementos que ocorren no noso COLE. Así que agarra ben o rato e .... A NAVEGAAAR!!!


O noso centro forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares ( Plambe )

O noso centro forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares ( Plambe )
Mostrando entradas con la etiqueta Plan Proxecta. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Plan Proxecta. Mostrar todas las entradas

15 may 2018

Suministro de froita


A Xunta de Galicia concedéunos o suministro de froita na escola que comezará o vindeiro luns 21 de maio ata o 1 de xuño inclusive.
Lembrámoslles que as comerán no centro na hora do recreo.
Se algún nen@ ten alerxia a algunha froita, por favor indíquello á titora.
Sen outro particular e agardando que sexa do voso agrado recibide un cordial saúdo.

23 abr 2018

Día do Libro 2018

Hoxe día 23 de abril celebraremos no cole o día do libro con diferentes actividades para os nosos alumn@s.
Teremos contacontos para os nenos de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria ademáis da actividade do Plan Proxecta "Ponlle as pilas ao teu bocata" feita pola Consellería do Mar para todos os nenos de primaria coas seguintes quendas:

1ª quenda: 1º e 2º de Primaria ás 10:00 h.
2ª quenda: 3º e 4º de Primaria ás 12:00 h.
3ª quenda: 5º e 6º de Primaria ás 13:00 h.




12 mar 2017

Actividades do "Plan Proxecta"


Os vindeiros días 14 e 15 de marzo teremos, dentro do noso "Plan Proxecta", a visita de membros da Consellería do Mar que nos ofrecerán uns obradoiros para o noso alumnado de Infantil e Primaria.

Os horarios e quendas serán as seguintes:

Martes 14 de marzo:

1º Obradoiro: 4º e 5º de Infantil ás 10:30 h.
2º Obradoiro: 6º de Infantil ás 12:00 h.
3º Obradoiro: 1º e 2º de Primaria ás 13:00 h.

Mércores 15 de marzo:

1º Obradoiro: 3º de Primaria ás 9:30 h.
2º Obradoiro: 4º de Primaria ás 10:30 h.
3º Obradoiro: 5º de Primaria ás 12:00 h.
4º Obradoiro: 6º de Primaria ás 13:00 h


Podedes ver algunha fotografía máis pinchando NESTE ÁLBUM

Máis adiante, o día 28 de abril, haberá a actividade "Ponlle as pilas ao teu bocata" tamén feita pola Consellería do Mar para todos os nenos de primaria coas seguintes quendas:

1ª quenda: 1º e 2º de Primaria ás 9:30 h.
2ª quenda: 3º e 4º de Primaria ás 10:30 h.
3ª quenda: 5º e 6º de Primaria ás 12:00 h.