BENVIDAS/OS AO NOSO BLOGUE!!!

Benvidos e benvidas a todos e a todas. Agora estades no voso blogue, e digo "o voso" porque está feito para todos vós e en parte por vós, xa que podedes publicar os vosos comentarios e suxestións. Aquí atoparedes actividades para divertirvos, para reforzar e ampliar o aprendido en clase e información e fotografías cós acontecementos que ocorren no noso COLE. Así que agarra ben o rato e .... A NAVEGAAAR!!!


O noso centro forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares ( Plambe )

O noso centro forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares ( Plambe )
Mostrando entradas con la etiqueta Para profes y padres/madres. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Para profes y padres/madres. Mostrar todas las entradas

16 may 2020

LETRAS GALEGAS 2020

     Felicitación ás familias polo día das Letras Galegas.


Podedes traballar neste día das Letras Galegas con esta guía didáctica.


12 may 2020

Montaxe fotográfica dos "vosos" maios

Aquí tedes unha montaxe fotográfica feita cós "vosos" maios.
Sodes uns auténticos artistas!!!


Grazas a profe Tere pola montaxe!!!

26 abr 2020

DÍA DO LIBRO 2020

 

Este pequeno vídeo é unha "homenaxe" aos nosos alumn@s que o pasado xoves día 23 de abril celebraron "telemáticamente" o día do libro e tamén queremos agradecerlles ás familias o esforzo por celebrar e participar todos xuntos nas actividades programadas, dadas as circunstancias nas que estamos.
Como ben sabedes fixemos distintas actividades como lecturas en familia, recomendacións para algún compañeir@ dalgún libro que vos gustou moito, marcapáxinas e fotografías de vós lendo os libros que vos gustan...
A verdade e que foi todo un éxito e sodes uns aunténticos campeóns!!! Moitas grazas a tod@s!!!
Ademáis deste vídeo podedes ver algunha fotografía dese día que temos no álbum de fotos do colexio pinchando neste enlace: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipalmirantelangara/galeria/thumbnails.php?album=178&page=1
Ou tamén podedes ver as montaxes tan "chulis" que fixo a profe Tere no blogue de infantil pinchando nestes dous enlaces: https://xogandocoaprofetere.blogspot.com/2020/04/a-tope-co-dia-do-libro.html?m=0
https://xogandocoaprofetere.blogspot.com/2020/04/a-tope-co-dia-do-libro-parte-2.html?m=0
Moitísimas grazas profe Tere!!!

11 feb 2020

Visita para 3º e 4º de Primaria do escritor Pedro Mañas Romero

O día 10 de febreiro foi a presentación e firma do libro "Apestoso tío Muffin" con Pedro Mañas, gañador do XV Premio Anaya de literatura infantil e xuvenil 2018 así como gañador do premio "El Barco de Vapor 2015" pola súa obra "La vida secreta de Rebecca Paradise" entre outros premios.

7 feb 2020

Día da Paz 2020

O día 30 de xaneiro celebramos o día da Paz e fixemos un "Mural da Paz", leímos varios "Manifestos para a Paz", algúns alumn@s de 6º explicaron o significado de varios símbolos da Paz e a súa orixe e para rematar todos xuntos fixemos un baile da Paz.
Grazas a tod@s pola vosa colaboración!!!

3 feb 2020

TEMOS DÚAS POETAS NO COLE!!!


Dúas das nosas alumnas de 2º e 5º de Educación Primaria, xunto coa súa avoa, fixeron un precioso libro de poesía que leva por título "Con Lúa y Oliva todo rima".
Tiveron o detalle de regalar ao centro un exemplar e, polo tanto, se tedes curiosidade, anímovos a que pasedes pola nosa biblioteca para ler esas rimas tan bonitas.

13 nov 2019

Eleccións de mediadores 2019/20


A partir do próximo luns día 25 de novembro haberá no cole eleccións de mediadores.
Para saber en que consiste isto, haberá que saber o seguinte:

1.- Que son os mediadores?
Son nenos e nenas elexidos polos seus compañeiros para mediar nos problemas que poidan xurdir.

2.- Cal é a súa función?
  • Axudar sempre que vexan que hai algún conflicto.
  • Axudar a aqueles nenos/as que vexan que teñen dificultades para facer amigos.
  • Escoitar aos nenos/as que lles pidan axuda.
  • Contar aquelas cousas que vexan que non están ben.
  • Axudar na aula como delegados se os mestres os precisan.
  • Encargarse dos novos/as alumnos para facilitarlles a integración.
3.- Como se van elexir?
Vanse elexir a través dun proceso de elección a través dunha votación segreda e se elixirá como mediador a un neno e a unha nena de cada aula.

Se tedes algunha dúbida podedes pinchar na fotografía e veredes o documento adxunto.
Sorte a todos/as nas votacións!!!

5 nov 2019

Xa chega o Samaín e Magosto 2019!!!


Xa chega  o Magosto e Samaín ao cole e con él moitas actividades para celebralo!
Na semana do día 04 ao día 08 de novembro celebraremos o Samaín con diversas actividades:

-- Concurso de cabazas.- @s nen@s traerán a súa cabaza dende o día 04 ata o día 07 de novembro. O día 07  farase a selección dos gañadores e levaranas de volta a casa ao día seguinte. Éstas serán as categorías nas que premiaremos ás cabazas gañadoras:

A cabaza máis "monstruosa" ( 2 premios )
A cabaza máis "rara" ( 2 premios )
A cabaza máis "bonitiña" ( 2 premios )
A cabaza máis "medioambiental" decorada con materiais de refugallo 
( 2 premios )
A "cabazona" e a "cabaziña"  ( 2 premios )
-- Dossier de actividades.-  Cada titor escollerá algunhas actividades para os alumnos dun dossier que poñeremos a súa disposición. Inclúen debuxos para decorar as aulas e os corredores. 

-- Día do Magosto.- Faráse o día 7 de novembro e haberá a tradicional "Procesión da Castañona", actividades con xogos con castañas e degustación de castañas e leite. 
Ao rematar os xogos todos degustaremos unha comida e unha bebida do "Restaurante Terrorífico" que van a elaborar @s alumn@s de 6º de Primaria.

As imaxes as subiremos ao noso álbum do fotos!!!

15 oct 2019

Festival Escolar do Camiño Inglés e Xacobeo 2021



O vindeiro xoves 17 de outubro os nosos alumnos/as participarán no "Festival Escolar do Camiño Inglés e Xacobeo 2021" que se celebrará no muelle de Ferrol.
Os nenos/as de Infantil farán unha ruta marítima ( sempre que o tempo o permita ) e despois visitarán a carpa con talleres, música, arte e degustación. Esta actividade comenzará ás 11:30h.
Os alumnos de Primaria visitarán a carpa con todas as actividades.
Desexamos que vos guste!!!

5 sept 2019

Xa está aquí o novo curso 2019 / 2020!!!

Xa está aquí o novo curso!!!
As clases comezarán o mércores día 11 de setembro con xornada lectiva de 9:00 h a 14:00 h. 
Antes do inicio das clases informaremos con máis detalle aos pais / nais / titores legais para organizar ese primeiro día de clase.
DESEXÁMOSVOS UN FELIZ CURSO!
Resultado de imagen de BENVIDOS

17 may 2019

Un mar de Muiñeiras en Navantia


O noso alumnado xunto con alumnos de outros centros educativos participou no acto "Un mar de Muiñeiras en Navantia ao son da "Banda das Crechas". O acto foi organizado polo Centro de Formación e Recursos Ferrol a través do seu Grupo de Traballo de Danza Tradicional que nos últimos dez años traballou có alumnado dos centros educativos para incluir a danza tradicional de Galicia no currículum escolar.
Todos os nosos alumnos que estiveron no acto o fixeron maravillosamente ben despois de tantos días de ensaios incluso en tempo de recreo para facelo o mellor posible. 
Aquí tedes o vídeo oficial do evento.


Grazas a tod@s polo voso esforzo!!!

15 may 2019

Celebración da "Festa dos Maios"


O día 1o de maio os alumnos do noso cole foron á Praza de España a participar na festas dos "Maios" como conmemoración dese día e fixeron unha actuación para todos os presentes.
Tedes neste enlace as fotografías da elaboración do noso "Maio" e algunhas fotografías do día do evento.
Grazas a tod@s pola vosa colaboración!!!

2 may 2019

Erasmus 2019


O pasado mes de abril o noso centro recibiu a visita de mestres e alumnos de países como Gales, Rumanía e Turquía dentro do proxecto Erasmus+ "My place, your place, our place" no que está integrado o noso centro. Ao longo do proxecto que durará tres cursos, realizaranse non soamente intercambios de profesorado, senón tamén os alumnos viaxarán a estes países para coñecer aos seus compañeiros daquelas terras, ademáis de conexión via Skype e traballos conxuntos ao longo do todo o proxecto.
Durante a súa estancia houbo diferentes actividades como xogos tradicionais, talleres, clases de cociña, clases de bailes tradicionais, música tradicional, visitas polo entorno, etc...

30 abr 2019

VII CERTAME LITERARIO ESCOLAR "INVENTA UNHA FLOR"


Coma o ano pasado, a asociación Sociocultural "Muíño do Vento" en colaboración cós centros educativos do barrio de Canido, promoven a participación na tradicional "Festa dos Maios" coa convocatoria dun certame literario escolar que baixo o título "Inventa unha flor" pretende lembrar e estimulalos valores de cooperación, solidariedade, non violencia, igualdade e respecto pola Naturaleza mediante a palabra e o mantemento dos costumes populares e da lingua do noso país.
O acto celebraráse o día 4 de maio ás 12:00 h no centro cívico de Canido.
Podedes pinchar neste enlace para ver algunhas fotografías do evento.
Moitas grazas a todos pola vosa participación.

31 ene 2019

Día da Paz 2019


O día da Paz foi todo un éxito. Fixemos un "Mural da Paz", leímos varios "Manifestos para a Paz", cantamos e bailamos todos xuntos a canción "El mismo Sol" de Álvaro Soler e como remate final...Arroz con leite para todos!!!

18 dic 2018

Xa veñen os Reis Magos!!!


Xa chega o Nadal!!!
O día 19 a partir das 12:00h faremos o "noso" festival para os alumnos.
O día 20 arredor das 10:00h as súas Maxestades de Oriente farán a visita ao noso cole para repartir ilusión, cariño, bicos e agasallos.
O día 21 a partir das 10:00h faremos o festival para pais.

Desexamos que os Reis Magos vos traian moitos agasallos e que pasedes unhas felices festas e unha boa entrada de ano!!!

P.D.: Podedes pinchar neste enlace para ver as fotografías destes días.
Tamén tedes neste enlace os vídeos das actuacións de Nadal e a chegada dos Reis Magos.