BENVIDAS/OS AO NOSO BLOGUE!!!

Benvidos e benvidas a todos e a todas. Agora estades no voso blogue, e digo "o voso" porque está feito para todos vós e en parte por vós, xa que podedes publicar os vosos comentarios e suxestións. Aquí atoparedes actividades para divertirvos, para reforzar e ampliar o aprendido en clase e información e fotografías cós acontecementos que ocorren no noso COLE. Así que agarra ben o rato e .... A NAVEGAAAR!!!


O noso centro forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares ( Plambe )

O noso centro forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares ( Plambe )

17 may 2019

Un mar de Muiñeiras en Navantia


O noso alumnado xunto con alumnos de outros centros educativos participou no acto "Un mar de Muiñeiras en Navantia ao son da "Banda das Crechas". O acto foi organizado polo Centro de Formación e Recursos Ferrol a través do seu Grupo de Traballo de Danza Tradicional que nos últimos dez años traballou có alumnado dos centros educativos para incluir a danza tradicional de Galicia no currículum escolar.
Todos os nosos alumnos que estiveron no acto o fixeron maravillosamente ben despois de tantos días de ensaios incluso en tempo de recreo para facelo o mellor posible. 
Aquí tedes o vídeo oficial do evento.


Grazas a tod@s polo voso esforzo!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario