BENVIDAS/OS AO NOSO BLOGUE!!!

Benvidos e benvidas a todos e a todas. Agora estades no voso blogue, e digo "o voso" porque está feito para todos vós e en parte por vós, xa que podedes publicar os vosos comentarios e suxestións. Aquí atoparedes actividades para divertirvos, para reforzar e ampliar o aprendido en clase e información e fotografías cós acontecementos que ocorren no noso COLE. Así que agarra ben o rato e .... A NAVEGAAAR!!!


O noso centro forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares ( Plambe )

O noso centro forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares ( Plambe )
Mostrando entradas con la etiqueta Galego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Galego. Mostrar todas las entradas

2 may 2019

Erasmus 2019


O pasado mes de abril o noso centro recibiu a visita de mestres e alumnos de países como Gales, Rumanía e Turquía dentro do proxecto Erasmus+ "My place, your place, our place" no que está integrado o noso centro. Ao longo do proxecto que durará tres cursos, realizaranse non soamente intercambios de profesorado, senón tamén os alumnos viaxarán a estes países para coñecer aos seus compañeiros daquelas terras, ademáis de conexión via Skype e traballos conxuntos ao longo do todo o proxecto.
Durante a súa estancia houbo diferentes actividades como xogos tradicionais, talleres, clases de cociña, clases de bailes tradicionais, música tradicional, visitas polo entorno, etc...

30 oct 2013

Concurso Cabazas 2013/2014

Aquí tedes as fotos das cabazaspresentadas ao concurso deste ano. É incrible a calidade!!! Foi dificilísimo escoller as gañadoras. Moitísimas grazas a todos, e en especial aos pais que vos botán unha man para cada ano superarse.
https://skydrive.live.com/redir?resid=B2B2EFD786D809EF!5750&authkey=!AIpfylb14Xw80BM

10 may 2013

Letras Galegas 2013

Aquí tedes unhas actividades para facer en liña neste día das letras galegas do ano 2013

22 feb 2013

Queridiña dos Meus Ollos

Rosalïa de Castro escribiu este fermoso cantar que nos quixemos recitarvos.

Queridiña Dos meus ollos from musicomiserable on Vimeo.

2 may 2012

A Vaca Connie

Xogos e vocabulario sinxelo en galego de animais e froitas para os pequenos (5 anos) , e tamén para os de primeiro...parellas, coincidencias, crebacabezas e contos. Tamén tedes fichas para recurtar e uns xogos para aprender a formar palabras pequenas (precisan coñecer as letras)


3 may 2011

Lois Pereiro (Letras Galegas)

Aquí vos deixamos unha páxina web, sobre Lois Pereiro, con actividades para facer en liña.

Tamén tedes documentos para imprimir, a súa biografía, e fotos sobre a súa vida. Tamén atopareis ligazons a outros sitios relacionados con este escritor.
http://seminariogalan.org/inicio/portada/documentos

21 abr 2010

Libreta Viaxeira III

Aquí tedes a terceira entrega da libreta viaxeira. Sei que moitos estabades a esperala como auga de maio. Pois ao fin chegou, non perdades máis tempo, e comenzade a súa lectura, e non deixedes ningún detalle polo camiño.

19 feb 2010

Libreta Viaxeira 6º (ParteII)

A libreta viaxeira é unha libreta que empezou a súa andaina o 11 de setembro e nela os alumnos de 6º curso de pirmaria xunto cos seus familiares e amigos poden escribir, debuxar, pegar fotos e facer todo o que queiran.
A libreta vai pasando de man en man, de casa en casa e así cada un de nos a ten unha semana. Gozade da súa lectura!


28 ene 2010

Libreta viaxeira (6º)

A libreta viaxeira é unha libreta que empezou a súa andaina o 11 de setembro e nela os alumnos de 6º curso de pirmaria xunto cos seus familiares e amigos poden escribir, debuxar, pegar fotos e facer todo o que queiran.
A libreta vai pasando de man en man, de casa en casa e así cada un de nos a ten unha semana. Gozade da súa lectura!




19 ene 2010

(Galego)Calculo mental para alumnos/as de primeiro. Ideal para xogar en parellas. Todos os problemas son moi sinxelos.A diferenza entre os niveis, é que no nivel 3, tes menos tempo para contestar as preguntas.
Calculo mental para alumnos/as de primero. Ideal para jugar en parejas. Todos los problemas son muy sencillitos.La diferencia entre los niveles, es que en el nivel 3, tienes menos tiempo para contestar.