BENVIDAS/OS AO NOSO BLOGUE!!!

Benvidos e benvidas a todos e a todas. Agora estades no voso blogue, e digo "o voso" porque está feito para todos vós e en parte por vós, xa que podedes publicar os vosos comentarios e suxestións. Aquí atoparedes actividades para divertirvos, para reforzar e ampliar o aprendido en clase e información e fotografías cós acontecementos que ocorren no noso COLE. Así que agarra ben o rato e .... A NAVEGAAAR!!!


O noso centro forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares ( Plambe )

O noso centro forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares ( Plambe )

2 may 2019

Erasmus 2019


O pasado mes de abril o noso centro recibiu a visita de mestres e alumnos de países como Gales, Rumanía e Turquía dentro do proxecto Erasmus+ "My place, your place, our place" no que está integrado o noso centro. Ao longo do proxecto que durará tres cursos, realizaranse non soamente intercambios de profesorado, senón tamén os alumnos viaxarán a estes países para coñecer aos seus compañeiros daquelas terras, ademáis de conexión via Skype e traballos conxuntos ao longo do todo o proxecto.
Durante a súa estancia houbo diferentes actividades como xogos tradicionais, talleres, clases de cociña, clases de bailes tradicionais, música tradicional, visitas polo entorno, etc...

No hay comentarios:

Publicar un comentario