BENVIDAS/OS AO NOSO BLOGUE!!!

Benvidos e benvidas a todos e a todas. Agora estades no voso blogue, e digo "o voso" porque está feito para todos vós e en parte por vós, xa que podedes publicar os vosos comentarios e suxestións. Aquí atoparedes actividades para divertirvos, para reforzar e ampliar o aprendido en clase e información e fotografías cós acontecementos que ocorren no noso COLE. Así que agarra ben o rato e .... A NAVEGAAAR!!!


O noso centro forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares ( Plambe )

O noso centro forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares ( Plambe )

30 abr 2019

VII CERTAME LITERARIO ESCOLAR "INVENTA UNHA FLOR"


Coma o ano pasado, a asociación Sociocultural "Muíño do Vento" en colaboración cós centros educativos do barrio de Canido, promoven a participación na tradicional "Festa dos Maios" coa convocatoria dun certame literario escolar que baixo o título "Inventa unha flor" pretende lembrar e estimulalos valores de cooperación, solidariedade, non violencia, igualdade e respecto pola Naturaleza mediante a palabra e o mantemento dos costumes populares e da lingua do noso país.
O acto celebraráse o día 4 de maio ás 12:00 h no centro cívico de Canido.
Podedes pinchar neste enlace para ver algunhas fotografías do evento.
Moitas grazas a todos pola vosa participación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario