A partir do próximo luns día 25 de novembro haberá no cole eleccións de mediadores.
Para saber en que consiste isto, haberá que saber o seguinte:
1.- Que son os mediadores?
Son nenos e nenas elexidos polos seus compañeiros para mediar nos problemas que poidan xurdir.
2.- Cal é a súa función?
- Axudar sempre que vexan que hai algún conflicto.
- Axudar a aqueles nenos/as que vexan que teñen dificultades para facer amigos.
- Escoitar aos nenos/as que lles pidan axuda.
- Contar aquelas cousas que vexan que non están ben.
- Axudar na aula como delegados se os mestres os precisan.
- Encargarse dos novos/as alumnos para facilitarlles a integración.
3.- Como se van elexir?
Vanse elexir a través dun proceso de elección a través dunha votación segreda e se elixirá como mediador a un neno e a unha nena de cada aula.
Se tedes algunha dúbida podedes pinchar na fotografía e veredes o documento adxunto.
Se tedes algunha dúbida podedes pinchar na fotografía e veredes o documento adxunto.
Sorte a todos/as nas votacións!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario