BENVIDAS/OS AO NOSO BLOGUE!!!

Benvidos e benvidas a todos e a todas. Agora estades no voso blogue, e digo "o voso" porque está feito para todos vós e en parte por vós, xa que podedes publicar os vosos comentarios e suxestións. Aquí atoparedes actividades para divertirvos, para reforzar e ampliar o aprendido en clase e información e fotografías cós acontecementos que ocorren no noso COLE. Así que agarra ben o rato e .... A NAVEGAAAR!!!


O noso centro forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares ( Plambe )

O noso centro forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares ( Plambe )

5 nov 2019

Xa chega o Samaín e Magosto 2019!!!


Xa chega  o Magosto e Samaín ao cole e con él moitas actividades para celebralo!
Na semana do día 04 ao día 08 de novembro celebraremos o Samaín con diversas actividades:

-- Concurso de cabazas.- @s nen@s traerán a súa cabaza dende o día 04 ata o día 07 de novembro. O día 07  farase a selección dos gañadores e levaranas de volta a casa ao día seguinte. Éstas serán as categorías nas que premiaremos ás cabazas gañadoras:

A cabaza máis "monstruosa" ( 2 premios )
A cabaza máis "rara" ( 2 premios )
A cabaza máis "bonitiña" ( 2 premios )
A cabaza máis "medioambiental" decorada con materiais de refugallo 
( 2 premios )
A "cabazona" e a "cabaziña"  ( 2 premios )
-- Dossier de actividades.-  Cada titor escollerá algunhas actividades para os alumnos dun dossier que poñeremos a súa disposición. Inclúen debuxos para decorar as aulas e os corredores. 

-- Día do Magosto.- Faráse o día 7 de novembro e haberá a tradicional "Procesión da Castañona", actividades con xogos con castañas e degustación de castañas e leite. 
Ao rematar os xogos todos degustaremos unha comida e unha bebida do "Restaurante Terrorífico" que van a elaborar @s alumn@s de 6º de Primaria.

As imaxes as subiremos ao noso álbum do fotos!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario