Os vindeiros días 14 e 15 de marzo teremos, dentro do noso "Plan Proxecta", a visita de membros da Consellería do Mar que nos ofrecerán uns obradoiros para o noso alumnado de Infantil e Primaria.
Os horarios e quendas serán as seguintes:
Martes 14 de marzo:
1º Obradoiro: 4º e 5º de Infantil ás 10:30 h.
2º Obradoiro: 6º de Infantil ás 12:00 h.
3º Obradoiro: 1º e 2º de Primaria ás 13:00 h.
Mércores 15 de marzo:
1º Obradoiro: 3º de Primaria ás 9:30 h.
2º Obradoiro: 4º de Primaria ás 10:30 h.
3º Obradoiro: 5º de Primaria ás 12:00 h.
Máis adiante, o día 28 de abril, haberá a actividade "Ponlle as pilas ao teu bocata" tamén feita pola Consellería do Mar para todos os nenos de primaria coas seguintes quendas:
1ª quenda: 1º e 2º de Primaria ás 9:30 h.
2ª quenda: 3º e 4º de Primaria ás 10:30 h.
3ª quenda: 5º e 6º de Primaria ás 12:00 h.
No hay comentarios:
Publicar un comentario