BENVIDAS/OS AO NOSO BLOGUE!!!

Benvidos e benvidas a todos e a todas. Agora estades no voso blogue, e digo "o voso" porque está feito para todos vós e en parte por vós, xa que podedes publicar os vosos comentarios e suxestións. Aquí atoparedes actividades para divertirvos, para reforzar e ampliar o aprendido en clase e información e fotografías cós acontecementos que ocorren no noso COLE. Así que agarra ben o rato e .... A NAVEGAAAR!!!


O noso centro forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares ( Plambe )

O noso centro forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares ( Plambe )

16 may 2013

Celebración das Letras Galegas 2013

O mércores 15 de maio, celebramos no colexio o día das Letras Galegas, adicado este ano a Roberto Vidal Bolaño. Fixemos no salón de actos representacións de poemas e obriñas de teatro do autor e cantamos todos xuntos o himno galego. Fíxose entrega dun diploma aos alumnos e alumnas gañadores do concurso "Inventa unha flor" e ao alumno gañador do premio de "Poesía e Imaxe".
Despois, aproveitando que a chuvia nos deu un respiro, saímos ao patio a bailar e xogar un pouco.
Aquí tedes algunhas fotos desta celebración!


No hay comentarios:

Publicar un comentario