BENVIDAS/OS AO NOSO BLOGUE!!!

Benvidos e benvidas a todos e a todas. Agora estades no voso blogue, e digo "o voso" porque está feito para todos vós e en parte por vós, xa que podedes publicar os vosos comentarios e suxestións. Aquí atoparedes actividades para divertirvos, para reforzar e ampliar o aprendido en clase e información e fotografías cós acontecementos que ocorren no noso COLE. Así que agarra ben o rato e .... A NAVEGAAAR!!!


O noso centro forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares ( Plambe )

O noso centro forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares ( Plambe )

21 feb 2017

ENTROIDO

O próximo venres 24 de febreiro celebraremos o Entroido e todos poden vir disfrazados como desexen e, ademáis, poden traer ricas viandas correspondentes  a estas datas para compartir cós seus compañeiros.
Faremos diferentes obradoiros ( xogos, danza, coiros, papiroflexia, pintacaras, marcapáxinas...) dende as 9:30 h ata as 11:30 h. A continuación faremos un desfile de disfraces e bailaremos todos xuntos.
Agradecemos a ANPA a súa participación nesta celebración e esperamos que tod@s o pasedes moi ben.


No hay comentarios:

Publicar un comentario