BENVIDAS/OS AO NOSO BLOGUE!!!

Benvidos e benvidas a todos e a todas. Agora estades no voso blogue, e digo "o voso" porque está feito para todos vós e en parte por vós, xa que podedes publicar os vosos comentarios e suxestións. Aquí atoparedes actividades para divertirvos, para reforzar e ampliar o aprendido en clase e información e fotografías cós acontecementos que ocorren no noso COLE. Así que agarra ben o rato e .... A NAVEGAAAR!!!


O noso centro forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares ( Plambe )

O noso centro forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares ( Plambe )

25 abr. 2017

Visita ao cine Dúplex

O próximo día 3 de maio, os alumnos de 4º e 5º de Primaria irán ao cine Dúplex a ver a película "Cantábrico" que foi recentemente estreada nos nosos cines.
É un documental no que especies como o oso, o salmón, a víbora, o gato montés, a bolboreta formigueira, o lobo ibérico, os cabalos salvaxes ou o urogallo son os protagonistas principais ou secundarios deste documental, onde cada un deles escenifica a súa propia historia. A través dun fío condutor, que son as catro estacións, descubriremos aos habitantes das montañas, os bosques e os prados cantábricos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario