BENVIDAS/OS AO NOSO BLOGUE!!!

Benvidos e benvidas a todos e a todas. Agora estades no voso blogue, e digo "o voso" porque está feito para todos vós e en parte por vós, xa que podedes publicar os vosos comentarios e suxestións. Aquí atoparedes actividades para divertirvos, para reforzar e ampliar o aprendido en clase e información e fotografías cós acontecementos que ocorren no noso COLE. Así que agarra ben o rato e .... A NAVEGAAAR!!!


O noso centro forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares ( Plambe )

O noso centro forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares ( Plambe )

21 may. 2017

XI Carreira Escolar "Ensanche A"


O vindeiro domingo día 28 de maio a partires das 11 da mañá terá lugar a XI Carreira Escolar "Ensanche A" que se celebrará nas proximidades do Centro de Cultura Carvalho Calero ( Praza do Inferniño ).
Haberá diferentes categorías e premios e durante a proba haberá servizo de Protección Civil, servicio médico e Policía Municipal.
Se queredes participar teredes que entregar na secretaría do colexio, antes do día 26 de maio, a autorización que vos enviamos.
Saúdos e sorte para a carreira!

No hay comentarios:

Publicar un comentario