BENVIDAS/OS AO NOSO BLOGUE!!!

Benvidos e benvidas a todos e a todas. Agora estades no voso blogue, e digo "o voso" porque está feito para todos vós e en parte por vós, xa que podedes publicar os vosos comentarios e suxestións. Aquí atoparedes actividades para divertirvos, para reforzar e ampliar o aprendido en clase e información e fotografías cós acontecementos que ocorren no noso COLE. Así que agarra ben o rato e .... A NAVEGAAAR!!!


O noso centro forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares ( Plambe )

O noso centro forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares ( Plambe )

24 oct 2017

Xa está aquí o Magosto e Samaín!


Xa chega  o Magosto e Samaín ao Cole e con él moitas actividades para celebralo!
Na semana do día 23 ao día 27 de outubro celebraremos o Samaín con diversas actividades:

-- Contos de medo.- Ata o día 23 poderánse deixar no caixón terrorífico que colocaremos na entrada do cole.

-- Concurso de cabazas.- Os nenos/as traerán a súa cabaza dende o día 23 ata o día 25. O día 26 farase a selección e o día 27 levaranas de volta a casa.

-- Dossier de actividades.-  Cada titor escollerá algunhas actividades para os alumnos dun dossier que poñeremos a súa disposición. Inclúen debuxos para decorar as aulas e os corredores e un marcapáxinas para imprimir en cartolina e decorar ao gusto. Este dossier farase dende o día 16 ata o día 27.

-- Día do Magosto.- Faráse o día 27 de outubro e haberá a tradicional "Procesión da Castañona", actividades con peóns e degustación de castañas e leite.

Podedes pinchar neste link para ver as fotografías.

Desexamos que o pasedes xenial!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario