O "Clube de Remo A Cabana" puxo en marcha para os centros educativos un novo proxecto coa finalidade de coñecer este deporte como parte da cultura galega e fomentar a súa práctica.
En colaboración có clube, os nenos de 4º, 5º e 6º de Primaria do noso cole participarán nestas xornadas para coñecer o remo como deporte, practicar con máquinas de entrenamento no seu ximnasio e facer prácticas reais de remo nas súas instalacións e nas diferentes embarcacións de que dispoñen.
As xonadas faranse en diferentes días en horario de 10:30 h a 12:30 h:
-- Xoves 26 de outubro: 6º de Primaria.
-- Luns 13 de novembro: 4º de Primaria.
-- Mércores 15 de novembro: 5º de Primaria.
É necesario que leven unha sudadeira, pantalón curto, calzado deportivo e unha muda por si se mollan un pouco.
Xa temos neste enlace algunha fotografía
Xa temos neste enlace algunha fotografía
Desexamos que os nenos o pasen xenial !!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario