O pasado martes 16 de xaneiro tivemos no noso cole á policía para explicarnos dos perigos que ten internet. O obxectivo é que os nenos entendan e asuman as súas responsabilidades cando están diante dun ordenador e comparten as súas experiencias na rede.
O próximo martes 23 de xaneiro e xoves 25 de xaneiro a charla, tamén da policía, basearáse no acoso escolar tanto físico, psicolóxico ou verbal como a través da rede. O acoso escolar ou Bullying ten efectos negativos na saúde física, o benestar emocional e o rendemento académico, especialmente dos nenos se esa violencia repítese no tempo ou é severa, ademáis de influir negativamente no clima escolar do centro educativo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario