Coma o ano pasado, a asociación Sociocultural "Muíño do Vento" en colaboración cós centros educativos do barrio de Canido, promoven a participación na tradicional "Festa dos Maios" coa convocatoria dun certame literario escolar que baixo o título "Inventa unha flor" pretende lembrar e estimulalos valores de cooperación, solidariedade, non violencia, igualdade e respecto pola Naturaleza mediante a palabra e o mantemento dos costumes populares e da lingua do noso país.
Os participantes, de forma individual ou colectiva, presentarán un ou varios textos en calquera xénero e forma de expresión literaria no que necesariamente se faga referencia aos Maios. Deses textos, 3 serán lidos polos seus autores nun acto festivo que se celebrará o día 5 de maio ás 12:00 h en Canido.
Tedes algunhas fotografías do evento pinchando neste enlace.
Moitas grazas a todos pola vosa participación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario