O venres 30 de abril os alumn@s de 1º e 2º de primaria foron de excursión, acompañados polas súas profes á costa de Dexo en Oleiros.
A excursión estaba organizada por CEIDA que é unha asociación que defende a natureza e ten a súa sede no Castelo de Santa Cruz. Fomos en dous grupos e fixemos un roteiro de sendeirismo pola zona de Dexo; visitando o seu antigo porto pesqueiro, os cantís enfrente da Marola, coñecemos a herba de namorar (planta autóctona da zona que só se atopa en poucos lugares de Galicia), vimos unha pequena cidade de avispas a terra, e outras moitas cousas moi interesantes.
Visitamos tamén a Aula do Mar na que coñecimos as especies mariñas e aves da zona que coñecimos a pé. Aprendimos como funcionan os fáros e tamén como se collen os percebes.
Poñemos unhas fotos que ilustran esta bonita viaxe que fixemos.
laura hay que actualizar el blog hija esque estas muy anticuada
ResponderEliminar