BENVIDAS/OS AO NOSO BLOGUE!!!

Benvidos e benvidas a todos e a todas. Agora estades no voso blogue, e digo "o voso" porque está feito para todos vós e en parte por vós, xa que podedes publicar os vosos comentarios e suxestións. Aquí atoparedes actividades para divertirvos, para reforzar e ampliar o aprendido en clase e información e fotografías cós acontecementos que ocorren no noso COLE. Así que agarra ben o rato e .... A NAVEGAAAR!!!


O noso centro forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares ( Plambe )

O noso centro forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares ( Plambe )

7 abr 2017

Programa "tenis na escola"

Este ano participamos no programa "tenis na escola" no que a Federación Galega de Tenis ( FGTenis ) oferta un pack de material específico de tenis ( 25 raquetas e 25 pelotas ) para o noso cole dende o 18 de abril ao 19 de maio para poder desenvolver unha unidade didáctica deste deporte.
Como aparece na web da FGTenis, "O programa tenis na escola é un programa de promoción que busca achegar o tenis aos centros escolares de Galicia. A través deste programa queremos solucionar un dos principais inconvenientes cos que os centros escolares atópanse para poder impartir unha unidade didáctica dedicada ao tenis, que é a falta de material específico de tenis."


Este curso virá unha mestra de tenis a dar unhas clases aos nenos e o horario será o seguinte ( faráse no horario de Educación Física ):
Día 8:
1º A Primaria ( 10:40 h - 11:30 h )
4º Primaria ( 12:20 h - 13:10 h )
5º Primaria ( 13:10 h - 14:00 h )
Día 10:
3º Primaria ( 13:10 h - 14:00 h )
Día 12:
1º B Primaria ( 10:40 h - 11:30 h )
2º Primaria ( 12:20 h - 13:10 h )
Día 15:
6° B Primaria ( 9:00 h - 9:50 h )
Día 16:
6º A Primaria ( 10:40 h - 11:30 h )



Podedes ver as fotografías no seguinte enlace

No hay comentarios:

Publicar un comentario