BENVIDAS/OS AO NOSO BLOGUE!!!

Benvidos e benvidas a todos e a todas. Agora estades no voso blogue, e digo "o voso" porque está feito para todos vós e en parte por vós, xa que podedes publicar os vosos comentarios e suxestións. Aquí atoparedes actividades para divertirvos, para reforzar e ampliar o aprendido en clase e información e fotografías cós acontecementos que ocorren no noso COLE. Así que agarra ben o rato e .... A NAVEGAAAR!!!


O noso centro forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares ( Plambe )

O noso centro forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares ( Plambe )

18 oct 2018

Os nenos de Infantil coa "fundación meniños"



Queridas familias:
Un ano máis o equipo de educación infantil vai participar no proxecto da Fundación Meniños  chamado “ Viaxe ao Reino das emocións”. A través do mesmo , os nenos e nenas van aprender a identificar e xestionar as súas emocións por medio de actividades nas  que van practicar o recoñecemento das mesmas,  a súa regulación, a autoestima, a empatía, e a resolución de conflitos.
A educación emocional favorece o desenvolvemento integral dos nenos e nenas, ofrecéndolles seguridade, axudándolles a superar as frustracións diarias, ao tempo que lles da ferramentas para entenderse cos seus compañeiros e compañeiras dunha maneira asertiva e na que se favorece que busquen as súas propias solucións positivas aos conflitos.
As familias sodes os guías emocionais dos vosos nenos e nenas, tamén o exemplp  do que aprenden como reaccionar ante as diferentes situacións  e como tratar a outras persoas.
Podedes atopar mais información  na súa web “O mundo de Milu” ( www.mundodemilu.org )

No hay comentarios:

Publicar un comentario