BENVIDAS/OS AO NOSO BLOGUE!!!

Benvidos e benvidas a todos e a todas. Agora estades no voso blogue, e digo "o voso" porque está feito para todos vós e en parte por vós, xa que podedes publicar os vosos comentarios e suxestións. Aquí atoparedes actividades para divertirvos, para reforzar e ampliar o aprendido en clase e información e fotografías cós acontecementos que ocorren no noso COLE. Así que agarra ben o rato e .... A NAVEGAAAR!!!


O noso centro forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares ( Plambe )

O noso centro forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares ( Plambe )

22 oct 2018

Xa chega o Samaín e Magosto 2018!!!

                           

Xa chega  o Magosto e Samaín ao cole e con él moitas actividades para celebralo!
Na semana do día 25 ao día 30 de outubro celebraremos o Samaín con diversas actividades:

-- Concurso de cabazas.- Os nenos/as traerán a súa cabaza dende o día 25 ata o día 29. O día 30 farase a selección dos gañadores e levaranas de volta a casa. Éstas serán as categorías nas que premiaremos ás cabazas gañadoras:

A cabaza más terrorífica ( 2 premios )
A cabaza máis "cuqui" ( 2 premios )
A cabaza máis orixinal ( 2 premios )
A cabaza máis ecolóxica decorada con materiais de refugallo ( 2 premios )
A cabaza máis grande ( 1 premio )

-- Dossier de actividades.-  Cada titor escollerá algunhas actividades para os alumnos dun dossier que poñeremos a súa disposición. Inclúen debuxos para decorar as aulas e os corredores. 

-- Día do Magosto.- Faráse o día 9 de novembro e haberá a tradicional "Procesión da Castañona", cantaremos unhas cancións, haberá actividades con peóns e degustación de castañas e leite.

As imaxes as subiremos ao noso álbum do fotos!!!

Desexamos que o pasedes xenial!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario